Termas romanas de Bath

Cidade de Bath
Entrada ás termas.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísReino Unido Reino Unido
LocalizaciónLocalización (cidade, provincia, rexión)
TipoCultural
Criteriosi, ii, iv
Inscrición1987
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador428

As termas romanas de Bath son unhas termas romanas situadas na localidade de Bath (Somerset), un edificio de interese histórico considerado dos máis importantes a nivel turístico de Inglaterra, o seu templo data dos anos 60–70 d. C. O complexo está moi ben conservado, grazas ao cal poden apreciarse moi ben os elementos arquitectónicos presentes no edificio. As termas propiamente ditas sitúanse por baixo do nivel da rúa e os edificios construídos por mor do seu descubrimento pódense dividir en catro grupos entre os que están o «Manancial Sacro», o Templo Romano, o Baño Romano e a Casa Museo. Estes edificios, que se atopan a nivel da rúa, datan do século XIX.

Os baños supoñen unha grande atracción turística e poden chegar a recibir un millón de persoas ao ano. En 2005 foron presentados no programa de televisión do mesmo nome como unha das «Sete Marabillas Naturais» do West Country.[1] Unha vez no complexo, os visitantes poden ver os baños e o museo, aínda que non poden acceder á auga. Está dispoñible unha guía sonora en varios idiomas.

  1. "Conservation in Action at the Roman Bath". Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2013. Consultado o 1 de novembro de 2007. 

Developed by StudentB